
DENDE O OUTO LARAÑO
Dende o outo Laraño
non é xa Compostela…
O ceo máis meus ollos
van cubertos de brétema.
Carballos outonizos
das lonxanas devesas,
acivros espiñentos,
fidels tolle-merendas,
que vivís apegados,
que sodes dos que quedan,
cando pase a rolada
de follas ventureiras,
mirai por si topades
meu corazón entre elas.
FERMÍN BOUZA BREY