
CARO, Miguel Antonio (Bogotá, 1843-1909). Ensaista e crítico colombiano que foi presidente do seu país de 1892 a 1898. A sua poesía xuvenil, “Poesías” (1866), tivo pouca qualidade, mas as suas traduçóns das “Églogas” e das “Geórxicas” de Virgilio som probabelmente as melhores em castelán. O Instituto Caro y Cuervo de Bogotá reeditou as obras de este autor, entre elas as “Poesías latinas” e as “Versiones latinas” (1951), “Estudios de crítica literaria y gramatical” (1955, dous volûmes), unha nova ediçón da “Gramática de la lengua latina” que escrebeu em colaboraçón com Rufino J. Cuervo e unha nova ediçón das suas “Obras completas” (1962-1972, dous volûmes).
OXFORD
