LITERATURA CASTELÁN (POEMA DE FERNÁN GONZÁLEZ)

Este poema completa a série de grandes obras do “mester de clerecía”, no século XIII. O “Poema de Fernán González”, escrito probabelmente, na opinión de Menéndez Pidal e Carroll Marden, alá por meádos da centúria e conservádo num só manuscrípto, defeituoso e mutilado, do século XV, que se guarda na biblioteca de El Escorial. Supôn-se que foi o seu autor um monxe de San Pedro de Arlanza, mosteiro cuxa fundaçón é atribuída ao famoso conde de Castela, e foi centro principal destas tradiçóns. Sobre Fernán González talvés muito cedo, fora composta unha cançón de xésta. A “Crónica Najerense”, da mitáde do século XII, refére xá a prisón do conde polo rei García de Navarra e a sua libertaçón por mediaçón da irmán do rei, prévia promesa de casamento; relatos procedentes, sem dúvida, de algum cantar antígo, hoxe desconhecido. Basándose indubitabelmente nele, o monxe de Arlanza, autor de clerecía, compuxo o seu poema, transportando o velho cantar para o novo “mester”, acomodândo-o aos seus propósitos e amoldándo-o à técnica e esixências cultas da dita escola. A “Primera Crónica General” prosificou este poema de clerecía, e dela passou aos seus derivados; em câmbio, a de 1344 deu preferência a unha xésta popular sobre o mesmo asunto, da qual existe resonâncias em algunha xesta francesa. De este cantar derivarom probabelmente alguns românces tradicionais. Forom asinaládos numerosos pontos de contacto entre o “Poema” e os outros autores de clerecía do seu tempo, particularmente Berceo e o “Libro de Alexandre”. O autor, segundo norma do seu mester, alude em ocasións às “Escrituras” em que se informa, como proba da verdade do que se narra; admite-se que entre estas fontes encontra-se o “Epitoma Imperatorum” ou crónica rimada escrípta a mitáde do século VIII polo anónimo de Córdoba, a “Crónica de Turpin”, o “Chronicon Mundi” de Lucas de Tui, de onde toma algúns episódios sobre os godos e parte do seu “elóxio de España”, e a “Historia Gothorum” de San Isidoro. Há também vestíxios do “Poema del Cid” e da “Chanson de Roland”, e, por descontado, da “Biblia”. O “Poema”, que nunha longa introduçón de 160 estrofas, resume a história de España desde a apariçón do Cristianismo até à caída dos visigodos, relata a vida enteira do conde castelán e combina dactos históricos com todos os elementos lexendários que adornam a vida do herói: a profecía do anacoreta de Arlanza, a consequência da qual funda o conde o mosteiro, o episódio da venda do cabalo e o azor ao rei de León Don Sancho, a independência do Condado, a prisón do conde libertado por dona Sancha, a anedocta do arcipreste, que pede a honra daquêla a câmbio do seu silêncio, etc… O poeta de Arlanza, a pesar da sua condiçón de clérigo, sabe adaptar-se de maravilha ao âmbiente heroico e guerreiro que anima todo o relato, e som precisamente os episódios bélicos os que alcançam maior perfeiçón formal e unha entoaçón mais robusta. O Poema de Fernán González resulta assim, segundo asinála Zamora Vicente, o mais influído, entre os de clerecía, pola poesía popular: “em todos estes episódios percébe-se, disimulado, encuberto baixo o monorrítmico metro do monxe arlantino, o bafo da xesta antíga”.

J. L. ALBORG

Deixar un comentario