Arquivos diarios: 21/04/2023

Imaxe

POETAS DA TERRA (BOUZA BREY)

LECTURA AUTUMNAL

Na serán escalazada

remanece o meu fastío

no azul dos tolle-merendas

e no marelo dos vimbios.

.

Na brétema se arrandea

meu corazón esquencido,

mentras o orballo destece

os contornos fuxitivos.

.

Cando queiras podes vir,

feliz ensono perdido,

que a luz xa vai devecendo,

das mans escorrega o libro

e na fiestra, embarazados,

choran docemente os vidros…

.

FERMÍN BOUZA BREY