
CANCELA, Arturo (1892-1956). Contista arxentino e, segundo Carmelo M. Bonet, novelista “por accidente”, autor da “Historia funambulesca del profesor Landormy”, obra influída polo estilo de Anatole France. A sua obra mais importânte foi “Tres relatos norteños” (1922), na qual aparecem “El cocobacilo de Herrlin”, “Una semana en holgorio” (sobre a semana tráxica de Xaneiro de 1919) e “El culto de los héroes”. As duas primeiras narraçóns som amábelmente irónicas, mentras que a terceira é unha súbtil parábola que conta a história de um pobre emigrado asturiano na Arxentina, que se fai rico à forza de trabalhar duramente. A sua filha, criada como nena rica, avergonha-se del. Juan Martín e Juana María som figuras arquetípicas da sociedade arxentina. A profunda anglofília de Cancela, levou-o a ser influído por Chesterton. Escrebeu também “Babel” (1919) e “El suicida y el león de Persia”.
OXFORD
