
CAMBACERES, Eugenio (Buenos Aires, 1843-1888). Novelista satírico e político liberal arxentino, que propuxo a separaçón da Igrexa e do estado na Arxentina em 1871. Abandonou o Parlamento com “una ilusión menos e un desengaño más”. Os seus dous primeiros libros, “Potpurri” (1881) e “Música sentimental” (1884), mostram unha misantropía maior que as de: Groussac, Eduardo Wilde ou Lucio Vicente López. O principal defeito das obras é que tenhem um incongruente final feliz. A sua melhor novela é “Sin rumbo” (1885), muito influênciada por Zola, cuxo final estraga o conxunto de logradas escenas costumbristas. Por outra parte, o estudo psicolóxico da personáxe central, Andrés, é do melhor que foi escrito na Arxentina. A sua última novela, “En la sangre”, determinista e de um corte marcadamente zolesco, apareceu por entregas em Sud América durante 1887.
OXFORD