Arquivos diarios: 01/04/2023

ESCRITORES HISPÂNOS (EUGENIO CAMBACERES)

CAMBACERES, Eugenio (Buenos Aires, 1843-1888). Novelista satírico e político liberal arxentino, que propuxo a separaçón da Igrexa e do estado na Arxentina em 1871. Abandonou o Parlamento com “una ilusión menos e un desengaño más”. Os seus dous primeiros libros, “Potpurri” (1881) e “Música sentimental” (1884), mostram unha misantropía maior que as de: Groussac, Eduardo Wilde ou Lucio Vicente López. O principal defeito das obras é que tenhem um incongruente final feliz. A sua melhor novela é “Sin rumbo” (1885), muito influênciada por Zola, cuxo final estraga o conxunto de logradas escenas costumbristas. Por outra parte, o estudo psicolóxico da personáxe central, Andrés, é do melhor que foi escrito na Arxentina. A sua última novela, “En la sangre”, determinista e de um corte marcadamente zolesco, apareceu por entregas em Sud América durante 1887.

OXFORD

ESCRITORES HISPÂNOS (JULIO CAMBA)

CAMBA, Julio (Vilanova de Arosa, Pontevedra, 1882 – 1962). Humorista cuxas caricaturas carecen de amargura, incluso na sua sátira contra os Estados Unidos em “La ciudad automática” (1932). Camba foi xornalista na Arxentina (como o seu irmán Francisco Camba, 1884-1947), França, Estados Unidos e Turquía. Escrebeu toda unha série de simpáticos artígos em “Las alas de Ícaro” (1913), “Alemania” (1916), “Londres” (1916), “Playas, ciudades y montañas” (1916), “Un año en el otro mundo” (1917), “La rana viajera” (1920), “Sobre casi nada” (1928), a sátira sobre Espanha em “Haciendo la República” (1934), e “Millones al horno” (1948). As suas “Obras completas” forom publicadas em 1948.

OXFORD