Arquivos diarios: 20/01/2023

ESCRITORES HISPÂNOS (LUIS CABRERA DE CÓRDOBA)

CABRERA DE CÓRDOBA, Luis (Madrid, 1559-1623). Historiador, Cortesán que tomou parte na Armada Invencíbel. A sua obra mais importante foi “Biografía de Felipe II, rey de España” (I, 1619; II, 1876-1877, quatro volûmes), que foi a fonte da importante obra teatral de Pérez de Montalbán, “El segundo Séneca de España”. O melhor da sua obra foi a precisón e a brevidade, mas o seu estilo resulta a miúdo ilexíbel: os capítulos non tenhem unha estructuraçón lóxica e isto dificulta a comprehensón dos complexos feitos que narra. Ao parecer, non practicou o que predicaba no seu manual “De historia, para entenderla y escribirla” (1611). Um estudo relativamente menos importante, ainda que com notabeis dactos, é “Relaciones de las cosas sucedidas en la Corte de España, desde 1599 hasta 1614” (1857).

OXFORD

ESCRITORES HISPÂNOS (MANUEL DEL CABRAL)

CABRAL, Manuel del (Santiago de los Caballeros, 1907). É o poeta dominicano mais importânte deste século. A pesar de que os seus primeiros libros forom publicados durante a dictadura de Trujillo (1930-1961), a sua poesía reivindicou aos negros e aos mulatos antillanos e denunciou as inxustiças que padecen, A sua poesía última benefícia-se de unha maior amplitude temática e de unha actitude tolerante respeito da sociedade que lle tocou viver e el amor, que el divide em quatro categorías: sexual, literário, romântico e metafísico. A sua gama de expressón resulta tán âmpla como a sua temática. A sua “Antoloxía tierra” (Madrid, 1949) incluie poemas publicados em “Pilón” (1931), “Color de agua” (1932), “Doce poemas negros” (1935), “Biografía de un silencio” (1940), “Trópico negro” (1942), “Compadre Mon” (1943), “Sangre mayor” (1945), e “De este lado del mar” (1949). “La Antología clave, 1930-1956” (1957) selecciona poemas de outros libros: “Los huéspedes secretos” (1951), “Sexo y alma” (1956) e “Dos cantos continentales y unos temas eternos” (1956). Desde entón publicou unha autobiografía, “História de mi voz” (Santiago de Chile, 1964), que revela a elaboraçón interna das obras de um grande poeta. “Pedrada planetaria” (1958), “Carta para un fósforo no usado y otras cartas” (1958), “Catorce mudos de amor” (1962), “La isla ofendida” (1965) e “Los anti-tiempo” (1967). Também escrebeu dous volûmes de poemas em prosa: “30 parábolas” (1956) e “Chinchina busca el tiempo” (1945), ademais da novela “El presidente negro” (1973).

OXFORD