ESCRITORES HISPÂNOS (JUAN BENET GOITA)

BENET GOITA, Juan (Madrid, 1927). Contista, novelista e crítico. Foi enxenheiro desde 1954 e trabalhou na sua profissón durante muitos anos nas áreas rurais de León, Asturias e o País Vasco. Viaxou por Finlandia e outros países da Europa. A sua primeira novela foi “Volverás a Región” (Barcelona, 1967), tentadora e orixinal obra à qual seguíu “Meditación” (Barcelona, 1969), “Premio Biblioteca Breve”, abertamente experimental, com múltiples narradores e com mistérios que quedam sem resolver. Os feitos e as intençóns das personáxes ficam como detrás de unha névoa. O uso de verbos passivo-reflexivos axudam-lhe a despersonalizar o relato e as fotografías que acompanham o texto, dam a sensaçón de ilusón, de falsa perspectiva que deixa a novela. Publicou ademais “El ángel del Señor abandona a Tobías” (1977), “Saúl ante Samuel” (1980), “El aire de un crimen” (1981), “Trece fábulas y media” (1981) e “En la penumbra” (1983).

OXFORD

Deixar un comentario