Arquivos diarios: 22/10/2021

DERRIDA (ESPECTROS DE MARX)

Se o falogocentrismo está omnipresente nos seus dous primeiros textos, com “Espectros de Marx” será a noçón de espectro e o seu campo associado o que colherá o direito de cidadania dentro do léxico derrideano. Aqui cumprirá um desígnio muito preciso e estará como que em busca da controvérsia. A este respeito, merecem ser referidas as palabras com que José María Ripalda apresenta o texto: “Espectros foi o primeiro título que Marx pensou para o seu Manifesto. Derrida recupera-o neste libro para realizar unha crítica da herança de Marx no mundo contemporâneo, unha crítica vertida da sua particular teoria filosófica: a “desconstruçón”. Jacques Derrida critica um novo dogmatismo, unha nova intolerância que se apossa da Europa, o dogmatismo capitalista que insiste na morte de Marx e do marxismo. Para Derrida é necessário conxurar de novo os espectros, os “espíritos” marxianos que subsistem na cultura europeia, non para reabilitar aquilo em que concordamos que non é necessário repetir, mas para romper a censura e a prohibiçón que estigmatizam tudo o que está relacionado com ele, mantendo vivo o diálogo com quem se declara seu partidário. Partindo da distinçón entre xustiça e direito, e debatendo-se entre dous pontos de vista (o da herança e o do messianismo do filósofo alemán), “Espectros de Marx” é sobretudo o testemunho ou a aposta intempestiva de unha tomada de posiçón. Derrida mostra-se partidário de um verdadeiro marxismo que neutralize a imperante doutrina capitalista e que cale as constantes e insistentes vozes que, num determinado espaço xeopolítico, negam a sobrevivência do pensamento de Marx e afirmam a sua impossíbel recuperaçón. “Espectros de Marx” non é exactamente um libro sobre Marx, é unha leitura de Marx no contexto da derrota dos que se proclamaram e foram aceites como seus herdeiros, xuntamente com o triunfo xeopolítico do seu inimigo, “o liberalismo económico e político”.

MIGUEL MOREY

AGRARISMO E OBREIRISMO NO CONDADO (3)

En febreiro de 1931 coa perspectiva dunhas eleicións xerais, logo frustradas, o agrarismo manifesta unánime o seu apoio no distrito ó presidente do Comité da Federación, D. Amado Garra, aquel abogado e xornalista, alma desde 1908 do movemento no Condado e representante do distrito na Xunta Nacional de Alianza Republicana. O núcelo obreiro e socialista decidírase a apoiar tamén a este candidato, único con posibilidades de éxito frente òs grupos dinásticos bugallistas ou upetistas. E este apoio é o determinante que abre as portas dunha posible coalición entre agrarios e socialistas, cando se prantexan as eleicións municipais para o 12 de abril. Así se sinte nas bases e nas xuntanzas da Federaçión ata chegar a un acordo, nun ambiente claramente eufórico e entusiasta. O movemento agrario ten, nestas alturas, crara a sua vocación política no senso de aspirar ó exercicio da gobernación dos municipios, porque: “si los pueblos han estado supeditados al nepotismo caciquil, es tal vez por no haber sabido plantearse a tiempo su problema político (…) es forzoso, pues, hacer política (…) Sabe muy bien el Comité que la inmensa mayoría de las organizaciónes agrarias propugnan hoy por las soluciones más avanzadas y patrocinan las mayores audacias en el campo político. Por ello no se incorpora el agrarismo a partido político determinado. Le convendrá de seguro, conservar e afirmar su personalidad y sus características como partido agrario; pero de lo que no puede prescindir ya, en esta hora crítica y decisiva, es de declarar incompatibles su reivindicaciones y sus ansias redentoras con las instituciones que nos rigen”. No mes de marzo chegaba de Buenos Aires apoio dos emigrantes de A Cañiza, Arbo, Crecente, Covelo e Salvaterra, ós agrarios nas eleicións. A alianza entre agrarios e socialistas acórdase nas xuntanzas xerais da Federación nos días 8 a 15 de marzo ás que asisten tamen unha delegación da “Sociedad obrero-socialista”, e que resulta de participación multitudinaria. A partir deste intre desátase unha campaña en todolos frentes con gran participación popular. Amado Garra expresa o sentir xeral: “Ahora lo que hace falta es que los agrarios e los obreros no se dejen arrebatar esse triunfo que se vislumbra”. A candidatura da coalición está formada por 14 agrarios e 3 socialistas. Os dous primeiros postos eran para D. Emilio Garra Castellanzuelo (agrario) e D. Benito Casasnovas Rodríguez (socialista).

PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)