
Arnao, Antonio (Murcia, 1828 – 1889). Poeta e autor de libretos de zarzuela. Com o seu paisano murciano José Selgas, Arnao representa a tradiçón antiromântica da época. Os seus dramas históricos sobre figuras nacionais como o rei Rodrigo e Garcilaso non tiverom demasiado êxito e os seus versos non soportárom o passo do tempo, ainda que Menéndez y Pelayo, indulxentemente, tenha apuntado que tinham pureza no vocabulário e unha cuidada construçón. Estes versos están reunidos em “Himnos y quejas” (1851), “Melancolías” (1857), “La campaña de África” (1860), “El caudillo de los ciento” (1866), “Poesías religiosas” (1872) e o libro póstumo “Soñar despierto” (1891), entre outros.
OXFORD
