
María Soliña foi detida e torturada nas cárceres segredas do Santo Ofício no ano 1621. Acusada de entregar a súa alma ao diaño e de possuir poderes demoníacos capaces de causar os máis terribeis males, foi sobmetida a tortura física e psicolóxica até que confesou: ser bruxa desde había máis de dúas décadas, afirmando ademais na súa desesperaçón que chegara a manter tratos carnais co demo, o cal se lhe aparecia em forma de home. E mentras isto declaraba, María Soliña suplicaba clemência ao Tribunal proclamando o seu arrependimento, pois asseguraba que só renegára do Nosso Señor de palabra. O 23 de Xaneiro do 1622 chegou por fim a sentênça: foi condenada cunha confiscaçón de bens, debendo portar o hábito penitencial durante meio ano, Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probabelmente a súa vida non duraría muito máis. Xá que as consequências do tormento, non podían deixar de notar-se nunha mulher de setenta anos de idade. A súa acta de defunçón nunca foi atopada até agora. Tal vez algúm día descubrámos onde repousan os seus castigados restos.
COUSAS DE (NÚMERO 6)
.
LONGA NOITE DE PEDRA
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemia:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas
muros de noite se erguían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
.
Baixo os tellados de Cangas,
anda un terror de auga fría:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
.
CELSO EMILIO FERREIRO (1962)