Arquivos diarios: 12/05/2020

A CADEIA PERPÉCTUA DOS LIBROS

Tempos despois, na escola, a Pedro e aos seus amigos mandáronlles facer um trabalho para o cal necesitaban consultar vários libros, e este preguntoulle ao seu irmán, onde podia topalos, respostándolle que no único lugar no que non poderia facelo, seria na vila, xa que os libros estaban condenados a “cadea perpetua”. Pedro non entendeu muito bem o que queria dicer o seu irmán e voltou a insistir: “pero como é posíbel que os libros cometesen algun delito?” E, doutravolta obteu a resposta do irmán: “eles non fixeron nada, pero os seus autores cometeron o terríbel delito de escrebelos e, inda máis, alguns cometeron a ousadia de tentar dicer a verdade…” O rapaz non ficou convencido e insistiu: “Como é que estando xente condenada concedeuselle unha amnistia total e non ocurre o mesmo cos libros? E, engadiu, despois: “por qué non pedimos unha amnistia para eles? O irmán meio botou un sorriso, tan frio como irónico, e repostoulle: “Pola mesma razón, pola que non teñen razón os teus últimos porqués e, inda mais, porque a pessoa que tiña que respostarche non o fai, porque pasa de nenos, de cultura, de deporte e de todo aquilo que non poida ser traducido en “papeletas”, tanto de banco como de furnas…”

M. C. LOURIDO/MIGUEL (PUBLICADO EM “A PENEIRA” ANO I – 1984)