O FERRO DE MALDITO

Às oito da tarde, mais ou menos. A Polícia Militar metía no trulho a dous colegas, que tinham pescado unha “merluza” patriótica. Em vez de cantar “Astúrias patria querida”, cantabam o himno da Lexión, “soy un hombre a quien la suerte hirió con zarpa de fieraaaa, soy el novio de la muerte que va unirse en lazo fuerte con tán leal compañeeeraaa.” Mais próprio houbera sido que cantaram o himno da infantaría, que para isso eram da Arma e, ademais resultaba mais bonito e menos fúnebre, “ardor guerrero vibra en nuestros pechos e de amor patrio henchido el corazón…” Vinham broncos, desalinhados e como “cubas”, e armabam camorra por tudo e por nada. Afirmando, que aquilo non era unha borracheira, senón unha celebraçón. Non lhes fixem muito caso, e a um que se puxo pesado, ameacei dar-lhe unha “hostia”. Foi mán de santo; calou a boca e começóu a dormir. Por aquela, eu non soportaba os borrachos, o cheiro ácido do seu alento, o fedor a leite cortada, quem non sabía mexar, que non bebera! Non recordo que faría conmigo mesmo, quando me passaba de copas. Ós poucos minutos roncabam igual que locomotoras. E, como tampouco aguantaba os ronquidos, despertei-os zarandeándo-os sem consideraçón. Eu passei a noite em branco e eles em sobresaltos e em vixía: o vinho podía-lhes mais, mas o temor a molestar-me cos ronquidos podía-lhes muito mais. E permanecerom despertos. O seguinte dia, ó toque de diana, soltarom-nos, xá non recordabam muito bem que tinha passado, mas, pedirom-me perdón. Eu, xa comezaba a estar no calabozo como em casa própria, assim que foi o melhor que puideram fazer, disculpar-se pola intromisón e falta de cortesía. (…) O qual me confirmou a ideia de que muitas cousas que lhe passam às pessoas, som puros “nervos”, falta de confiança em sí mesmos e solidón. E que, segundo te trate a vida, e segundo com quem te xuntes, és de unha maneira ou de outra. A mim, por exemplo: aquel arresto deixára-me muita acidez na alma. De acordo que eu non era um modelo, nem o meu amor pola disciplina era para colgarme medalhas. Mas, por unha pelexa num bar com dous cabróns, non se me podía por o ferro de maldito; que isso foi o que no quartel fixerón comigo; marcarme a fogo. Xa non era o recruta torpón e patoso, “reeecruta calamidaaad parabaparabapapá…” Agora, era o soldado sem honra, que o día sagrado da xura de bandeira, cumpría arresto no calabozo.

JAVIER VILLÁN E DAVID OURO

Deixar un comentario