
Unha Sibila dixo-me a mim, que elas non podem fazer nada, è dicer, obrar mistérios para elas, assim como para os demais familiares (casar unha filha, um filho, sobrinho, primo, etc…). Quanto mais lhes pertencem menos podem fazê-lo (vexa-se a páxina 82, Sibila nova). Afirman, que tomando um baño a noite de San Xoán, às doze da noite em ponto, que é sagrado e vale por nove. Afirman, que non é bô contar os sonhos a ninguém (páxina 64, sonhos Sibila). Afirman, que para fazer ou desfazer unha picardía, que nos dias próximos ao San Xoán, son os melhores de desfazer (páxina 82, dixo-mo a Curuxeira). Afirman, que qualquer cousa que se faga com respeito à maxía, na noite de San Xoán, que dura todo o ano (di-o muita xente que non é Sibila). A Philosofía Spiritísta dí, que as Sibilas non tenhem todas o mesmo poder, porque sendo este poder um don innacto, ainda que as causas sexam as mesmas, os efeitos son diferêntes. Algunha xente afirma que na noite de San Xoán, é quando as Sibilas fán os preparados, para administrar durante todo o ano. Também dín, que se unha Sibila morre, deixando algo feito a unha criatura, que esta non têm cura, ou muito dificilmente, com muito trabalho, e por meio dos Santos Evanxelhos. Dín, que non é bô, separar um cán, quando estiver enrrabado pola cópula. Um Spiritísta e Exorcísta, xenro dunha Sibila, dixo-me que as Sibilas fán um pacto com os Spíritos, os quais nunca tiverom corpo, nunca foron incorporados; e com os quais acometem a xente, e fán outras cousas que os supersticiosos contan (páxina 126, mesa Soutulho). Afirman, que quando o galo canta poucos minutos despois de ir pró poleiro, augura que unha pessoa se apartará de nós, por culpa de unha rinha, e non sei que mais, “Sede Deus super omnia”. A Sibila (Sra. Tomaza, de Queimadelos), deu-me um remédio muito fácil de fazer, mas muito affeuta me dixo, que, mentras me facía esse remédio, non podía bendecir (páxina 187 deste libro).
MANUEL CALVIÑO SOUTO