Arquivos diarios: 28/01/2019

DIOGO ALVES (E A PORCARÍA DA FRENOLOXÍA)

.

               A história popular afirma que a cabeza foi levada alí (à Faculdade de Medicina de Lisboa), para estudar a posible causa da súa maldade.  “A finais do século XIX, princípios do XX, houbo unha moda, a da Frenoloxía, que coincidiu co tempo de Diogo Alves.  Desenvolveu a teoría de que diferentes configuracións da cabeza deberían corresponder a diferentes temperamentos e modos de comportamento”, explica António Ferreira.  A Frenoloxía foi desenvolvida por Franz Joshep Gall, anatomista e fisiólogo alemán, que artellou a teoría de que cada habilidade tiña un lugar no cerebro. Gall pensaba que segundo que área do noso cerebro estivese máis desenvolvida, teríamos unha personalidade ou outra e que este desenvolvemento podería estudarse medindo o cranio para determinar como era cada persoa.  António Ferreira conta que “esa arte, porque é máis arte que ciencia, medía a cabeza e vía a súa estructura para dicir que este era máis intelixente nisto ou naquilo.  A unha altura foi até unha moda social.  As persoas reuníanse en salóns de sociedade medíanse as cabezas unhas às outras e andaban a verse as configuracións das cabezas.  Naturalmente despois se verificou que isto non tiña que ver con ciencia ningunha”.  Contan as historias populares que un famoso doutor da cidade, José Lourenço da Luz Gomes, requiriu às autoridades que a cabeza fose enviada á Facultade de Medicina, onde el procedería a aplicar os seus coñecementos de Frenoloxía para atopar a raíz da súa maldade.  Máis non hai proba ningunha de que este estudo se levase a cabo nin de que o cranio ou o cerebro fosen medicamente estudados.  Segundo António Ferreira “a Frenoloxía coincide temporalmente,  máis non hai relación de causa efeito co envío da cabeza de Diogo Alves á facultade de Medicina con intención de ser medida.  Era só para ser recordado como o último caso de pena de morte en Portugal”.  Pese a que os rexistros oficiais indican que máis criminais foron axustizados trás Diogo Alves, ele é  simbolicamente considerado o último condenado á morte en Portugal.  “Na altura considerouse que sería a última persoa en ser condenada a morte por orde dun tribunal por crime en Portugal.  Máis tarde sóubose que houbo casos de persoas condenadas a morte pouco despois noutras zonas do país”.  “Os crimes de Diogo Alves foron moi coñecidos no pais, infelizmente é un caso famoso e é por isso que o Ministerio de Xustiza resolve simbólicamente atribuir a cabeza de Diogo Alves á facultade de medicina de entón, no campo de Santa Ana”.

claudia vázquez