.
O mesmo mostrará o globo de vidro construido com admirábel inxénio polo ilustre Arquímedes de Siracusa. Nel, todas as esferas e planetas se movían, e eran vistos, da mesma maneira que na máquina da realidade, accionando-os todos simetricamente ó soprar através de certos canudos e conductos. Se alguém quixéra conhecer como se produce isto, ¿acaso sería necessário compreender perfeitamente a maquinária na sua totalidade, e nas suas partes, até na mais pequena, xunto com as funçóns de cada unha? Outro tanto há que pensar respeito deste nosso universo, pois ¿que encontrarás nél que non mova e non sexa movido, non câmbie e non sexa mudado, que non sufra unha déstas duas cousas ou ambas? Agora bem; quanto mais superem em número as cousas que no universo real existem e sucedem, ás que há no globo do Siracusano, tanto mais difícil é abarcar aquél na sua totalidade que este, e sem embargo non é menos necessário abarcá-lo a quem queira conhece-lo. Mira onde chegamos. Na realidade non existe (ou non existiría, caso de que puidera dar-se) mais que unha só ciência – non muitas – pola qual se conheceríam todas as cousas perfeitamente, dado que non se pode chegar a conhecer com perfeiçón unha délas sem todas as demais. As ciências que temos som vaidades, rapsódias, fragmentos de observaçóns, poucas e mal feitas, o resto som fantasías, invençóns, ficçóns, opinións. Polo que, non sem razón, decía “Aquel” que a sabedoría dos homes é necedade ante Deus.
francisco sánchez
Publicado en Uncategorized