AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (53)
.
O meu Espírito. O día 25 de Novembro de 1915, sonhei que estaba eu dentro do eido, e vín o meu corpo com a roupa velha que tinha antes de ir a Lisboa, mas esqueceron-me as voltas do sonho, e outras vou deixá-las por non terem sentido, nem seguimento, tal como a de eu fazer unha casa debaixo da terra, e ter alá unha rapariga escondida para que mamá non a vira, etc… Tivem unha intuiçón com o Patrón (António Calviño) que dixéra, dous tistonscinhos sím, está bem, mas a mím também me fán falta os dous tistóns. Era o que eu ganhaba com el e com o pan. Foron tan variádos os sonhos e innumeráveis, pois sonhaba e tenho sonhado com tudo o que há no mundo, e até fora del, que sería molesto para mím e para os meus leitores enumerar sonhos tan complicados, pois non chega a paciência. Calzada do Sacramento. O día 5 de Marzo de 1915, entréi para o trabalho na Calzada do Sacramento nº 12 com Manuel da Rosária, o día 10 de Marzo de 1915, deu-me um tremor polo corpo, escalofríos, dor de ossos e cabeza, os sonhos mais agoureiros. Mas o día 4 de Abril de 1915, despertei todo despavorido, mas com a firme ideía em Isolina do Caetano, unha ideía firme e craváda nela, que parecía que malucaba, cheio de pena e aflicçón. Sonhei com um Spírito que me decía, que el prohibía que Isolina se case e non sei que mais me dixo, etc… Este sonho foi quase por intuiçón.
manuel calviño souto
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.