.
Supón, para que continue o discurso, a explicaçón que eu dei do nome de ciência, e tomemos de aí, que nada se sabe. Mas, supor, non é saber, senón finxír, polo qual de suposiçóns surxirán ficçóns, non ciência. Mira, onde nos levou xá o discurso; toda ciência é ficçón. Evidentemente; a ciência obtêm-se por demonstraçón; ésta supón a definiçón, e as definiçóns non podêm probar-se, senón que debêm ser crídas; logo a demonstraçón a partir de suposiçóns producirá unha ciência hipotéctica, non segura e certa. Tudo isto é concluínte, desde a tua posiçón. Ademais, em toda ciência, segundo tú, há que supor uns princípios, e non lhe corresponde a ela discutílos; logo o que se segue destes, será suposto, non sabído. ¿Há algo mais lamentábel? ¡¡Para saber, é necessário ignorar!! Pois, ¿que é supor, senón admitir o que non sabemos? ¿Non sería melhor comezar por saber os princípios? ¡¡Renégo, os princípios da tua arte; proba-os!! “Non se debe argüir, contra os que negan os princípios”, dís. ¡¡É, que non sabes probar!! ¡¡És ignorante!! ¡¡Non sabes!! Mas, atanhe a unha ciência superior ó comum, probar os princípios das demais? Saberá talvez tudo? Portanto, o que terá ésta ciência comúm? ¡¡Non obstânte, tú, non sabes nada, pois quêm ignora os princípios, ignora também a realidade!!
francisco sánchez
Publicado en Uncategorized