Arquivos diarios: 06/04/2018

EM NOME DE GUILLADE (OS CRUCEIROS)

.

                       os cruceiros

               Som monumentos representativos da arte popular do nosso país.  Mas ademais de ser arte em pedra, formam parte íntegra da atormentada alma rural galega.  Están situados extratexicamente nos cruzes de caminhos, daquí o seu nome. Teóricamente, estaríam para protexer os viandântes, mas, verdadeiramente, non fán mais que dar-lhes sustos.  Xá formam parte das nossas abundantes lendas, sobre tudo nocturnas e, como mostra, aquí, unha das histórias de Manuel da Canle, sofrida em carnes próprias:

               “Susto, Spríto.  O día 12 de Agosto de 1912 (Segunda feira), fún trabalhar prá Erra com o Gomes, ó deixar o trabalho, fún polo Moscaído para que me emprestáran um libro (Orixem do Cristianísmo), demorando até ás 2,30, quando cheguei á encrucilhada do santo, tivem remorsos, e seguín pola Cavadinha, e ó chegar ó monte de Novás, arrepiáron-se-me os cabelos, e o corpo estremeceu-me todo, quería falar ou rezar e, nón podía.  Logo, mudei de fala, e nón me iba o pensamento para fazer a sinal da cruz, senón para pensar no demónio. Por último quedei sem fala, e sem xuício, e nón ouvía nada, só decía Xesús, Xesús!  Apenas me ouvía a mim mesmo, non obstânte, ouviron-me os vecinhos do Cotiño.  Estaba completamente sem forzas, como que me postrava, e das poucas forzas restantes, em vez de ir dereito polo caminho, iba para trás, á dereita, á esquerda, etc…  e nón andava pra diante, senón com um inmenso esforzo, de maneira que me levou unha hora pra saír do monte.  Estiven alí 15 minutos, e despois fixem outro esforzo, armei unha carreira e vinhem parar no meio do monte, alí estivem outros quince, despois fixem outro esforzo e, logo outro mais, etc…  De modo que, ó fim de unha hora, vín saír ó socalco, mas a cousa mala, non me deixou até á porta da casa.  Sacaron-se-me as ganas de comer, despois quixem ler uns exorcísmos, mas em vez de ler, tataleaba e farfalhaba, e tardava-me a fala, decía unha palabra e xa nón podia seguir, sentía um arrepiamento parecido ó de  Novás, despois comim unha sardinha e fún-me deitar, tendo um sonho que me esqueceu, mas pola alta noite, ven-me inquietar tal como fixera no monte de Novás.

manuel calviño souto

.