Arquivos diarios: 27/03/2018

DERIVA HISTÓRICA (A CAPELA DO SANTO TOMÉ)

.

               A descripçón realizada em 2006, polos arqueólogos Xurxo Constela Doce e Juán José Perles Fontao – “trás a realizaçón de trabalhos de reprospecçón, na zona de restos pertencentes á segunda ocupaçón, ubicada em épocas históricas, sinalan a possíbel destruçón dos restos de unha edificaçón, possibelmente unha hermida, no ponto em que a pista alcança a sua cota máxima e comeza a baixar na direcçón norte, coincidente com as coordenadas recolhidas no campo e representadas nos planos.”  “Os vecinhos mais lonxevos das aldeias de Cumiar e Mouriscados, xa non recordan a existência em pé da capela, e apontan que os seus páis, tampouco a recordavan construída.  Algum informante lonxevo, recorda que levando o gando á zona, aparecia abundantes restos de telha e pedras soltas.  E que no outro coto situado a W, sinalavan a existência de unha aldeia abandonada, da que xá non quedan restos vissíveis em superfície, que estaría emprazada na zona da Pedreira.  O coto no que se situarían presumibelmente os restos da capela, recebe o nome de Coto do Santo ou Coto do Santo Tomé,  topónimo que fái referência á existência de um lugar de culto.  Este topónimo, aparece no Catástro de Ensenada como limíte da aldeia de Guillade, e nas sinalizaçóns do tecor ó que  pertence o coto, assím como polas indicaçóns dos vecinhos das aldeias limítrofes.  Non obstânte na cartografía 1: 5.000 da C.O.T.O.P. da Xunta, aparece desprazado uns 500 m ó W, da que sería a sua ubicaçón tradicional.  Cousa semelhante sucede com o topónimo de “A Pedreira”, situado polos vecinhos uns 800 m ó W do emprazamento presentado na cartografía 1: 5.000 da C.O.T.O.P. da Xunta da Galiza.” 

.

.

.