QUE NADA SE SABE (14)

.

               Continuo.  Se ainda se dixé-se que a ciência é unha acumulaçón de muitas cousas na mente, acaso estaría melhor, mas non sería de todo verdadeiro.  Porque a ciência non pose ser mais que de unha só cousa.  E inclúso só há ciência de cada cousa por sí mesma, non de muitas ó mesmo tempo, do mesmo modo que há unha única visón de cada obxecto separadamente tomado, pois non cabe ver bem dous simultaneamente; de igual maneira, tampouco cabe entender dos obxectos simultaneamente, senón um detrás do outro.  De ahí aquilo de que o sentido, a medida que se aplica a mais cousas, atende menos a cada unha delas.  E así como, á sua vez, todos os homes son especificamente – ou melhor, nominalmente – um só home, Tamém se dí, que a visón é unha só, ainda que sexa de muitas cousas e ainda que as visóns sexan numéricamente muitas, Así mesmo disse que a Filosofía é unha só ciência, ainda que sexa comtemplaçón de muitas cousas, cada unha das quais tem a sua contemplaçón própria,  e sexa unha só a ciência de cada unha despois da comtemplaçón.  E tampouco é verdade isso de que a ciência sexa um monton de muitas cousas na mente.  Isto é o que com torpeza pensan alguns que declaran doctos a quem viron e ouviron muitas cousas e podem recitálas despois, non só nunha ciência, senón também em diversas, sendo así que, mais bem, que quem quer abarcar todas as cousas, todas as perde, pois basta unha só ciência para o universo enteiro, e este enteiro, em câmbio, non basta para unha ciência.  A mim inclúso a mínima cousa do mundo me basta, e me sobra, para a comtemplaçón de toda a vida; nem sequer, em definitíva, essa cousa espero chegar a conhecer.  ¿Como, pois, um só home vai ser capaz de saber tantas cousas?  Mais ainda, creeme, muitos son chamados, mas poucos os elexidos.  Experimenta-o em tí mesmo; comtempla algunha cousa, um verme se queres, ou a sua alma; nada poderás captar.  Non duvido em confesar que estas cousas por força deben estar na mente para que alguém as conheça; mas isto non sería ciência senón memória, da mesma maneira que tampouco é visón a acumulaçón de espécies no olho (se é que assím se realiza a visón), ainda que esta non poida realizar-se sem elas.  Pois vemos que quem imaxina fixamente algo non sente nada do que se oferece aos seus sentidos, pese a que tanto os seus olhos como os seus ouvidos se vexan afectados por impresóns sensíveis.  Por esta mesma razón afirmavam alguns que todas as cousas están em tudo.  Pois  ¿Como – din – conheceremos as cousas que están fora de nós?  Por conseguinte, todas estaban em nós, mas as descobrimos ó sacálas á luz, e nisto consiste o saber.

francisco sánchez

Deixar un comentario