AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (34)
.
Spírito. O día 5 de Decembro de 1911, polas 2,50 da manhán, vem o Spírito inquietarme, facendo-me gritar em alta voz; tivem a seguinte visón: sonhei que vin o Sol no Oriente e a Lua a Norte, com os cornos puntiagudos, despois corria despido e encontrei com unha cabra branca. O día 6 de Decembro de 1911, e o 10, 11, e 14, pola hora da meia noite, fún atentado de todos os demónios, pois non facía senón cometer desatinos, etc… Um pensamento, Isolina. O día 19 de Decembro de 1911, estando eu na casa, Isolina do Caetano, chamou por mim, e falou-me unhas quantas palabras, e retirou-se decindo-me Adeus, desde aquí, comezarón as inspiraçóns com esta nena. (a inspiraçón parecia ser natural). Á noite, despois de sonhar um fim de cousas, por último sonhei que o Sr. Cura Val, me estaba decindo éstas palabras: A maxía do diábrigo é verdadeira e a melhor. Esta sí que é a propriedade (vexa-se o Libro de San Cypriano) ademais, tudo se me olvidou, e ó mesmo tempo o Spírito… molestou-me facendo-me gritar alto, voltou a repetir que a maxía do diábrigo era a principal, quando estaba sonhando isto, eu tinha unha camisa, e acto seguido desperto e, votou-se sobre mim o Spírito… com um peso que parecia unha persona viva, e fixo-me gritar muito alto. Despois, continuei sonhando, mas cousas que me esqueceron. O meu pé. O 28 de Decembro de 1911, ainda sentía o pé (rodilha) cortado, fún ó serán a Mourigade e, tiven a notícia que o Sr. Cura Val, estaba doente, e vin os meus antigos amores (Pra.), e começei a falar… mas logo marchou, as pequenas tinham falado com ela, e ela, como tendo-lhe respeito, non vem, dando-me unha desculpa. Á noite sonhei que lhe estaba a dar abrazos e bicos ó meu ente querido, e ela achegou-se a mim chorando.
manuel calviño souto
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.