Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Arquivos diarios: 19/03/2018
DERIVA HISTÓRICA (O CASTRO DO COTO DO SANTO)
Aquí, há dous entortos, gordinhos, e outros mais de menor calado, que intentaremos ir aclarândo de maneira pausada, procurando adentrar-nos na maranha do nevoeiro dos tempos passados. Posto que se trata de um território de fronteira, o qual desperta as cobiças insanas e aumenta grandemente as trapalhadas caciquís. Este é um lugar sagrado, que leva ás suas costas muitos milhares de anos. A imponente panorâmica, comunica visualmente com a cordilheira do Suído, especialmente com San Xoán de Pinheiro, e a sua silueta é inconfundível no horizonte das montanhas. Baixo as suas miradas, passava unha “Verea Velha”, a “Vigo-Logroño” daqueles tempos, unha vía romana, que vinha de Castro Mao (Matamá ou Matamao), e um “caminho real de Baiona”. Mas, heis que por maldiçón do destino, e descanso nosso, apareceu um abade de Guillade, que modificou o curso da história. Levou a nova carreta Mondariz-Salvaterra pola porta da súa casa. Cousa, que eu, ainda hoxe em día lhe agradeço. Transferindo, désta vil maneira a civilizaçón do Coto do Santo, para a Cruz do Balado. O primeiro grande erro, é que o Castro do Coto do Santo, está catalogado em território de Mondariz, cousa que non corresponde com a verdade. Pois o xacimento está maioritariamente em Pontareas. “O Castro tem unha forma ovalada. As dimensóns mos eixos (N-S) e (W-E), son de 120×65 m. Presenta unha hipotéctica superfície de habitaçón, defendida pola pendente natural do terreno com afloramentos graníticos. Non se pode describir ningúm tipo de estructura no terreno, e só as referências a el fán supor a existência do xacimento”. “Na pista que ascende ao crâto pola aba E, foron recolhidos vários anácos de cerámica castrexa e outros de aspecto medieval, así como unha ficha cerámica de 1,7 cm de diametro, unha pesa de quarcita sobre canto rodado, com duas escotaduras lateráis no eixo transversal, e unha lasca de segunda ordem de quarcita sobre canto rodado. Na pista que corta a aba S da crôa recolheron-se alguns fragmentos de cerámica castrexa”. “Ó realizar-se a pista de acceso ó coto na sua parte mais alta, lugar em que se situaría a Capela do Santo Tomé, localizaron-se várias pezas probavelmente pertencentes a unha producçón de cerámica medieval”. “Trataria-se de dous vasos (Museo de Pontareas), (…), recolhido o primeiro na pista que atravessa o coto a N do Crâto (Vaso Nº1), e o segundo na aba E da Crôa (Vaso Nº2). Adscriptos a tipos característicos da producçón local/rexional de cerámica comúm cinzenta medioeval”. “O xacimento semelha possuir, ao menos, dous intres principais de ocupaçón, correspondentes a manifestaçóns culturais independentes. Por um lado os materiais adscriptiveis ao Bronce Final – Idade do Ferro, cunha ampla dispersón que chegaría á base do outeiro, xá na zona chán correspondente á altichaira do Campo do Mouro e unha ocupaçón Tardorromana-Altomedioeval, possivelmente relacionada com unha Hermida-Santuário”. E aquí, aparece o segundo grande erro, patrocinado segundo diría Manuel da Canle, polo “Spírito Malo”. Pois, apesar de tudo o que vimos lendo, e apesar de estár catalogado como Castro, parece ser, que isto non é um Crâto, como a continuaçón iremos descobrindo. “Com respeito ao primeiro, deve-se ter em conta o contexto arqueolóxico no que se situa este enclave, inzado de xacimentos prehistóricos: assentamentos ao ar libre, túmulos megalíticos e petroglífos, em total 21 pontos, desde o Neolítico á Idade do Bronce. Asemade as súas características fisiográficas que particularizan o lugar, ao tratar-se dum outeiro totalmente ilhado, dentro dunha ampla e homoxénea altichaira. Contradecindo a súa catalogaçón inicial, sinála-se que non debe ser adscripto como Castro, e que na realidade, a manifestaçón material que se pode recolher na súa superfície, corresponde-se cum processo cultural de maior complexidade. Confirmando as observaçóns realizadas em Novembro do 1992, non existe ningúm tipo de adequaçón para a defesa, nem fosos, nem parapeitos, nem sequer muralhas. Por outra parte a cima do coto non presenta recinto habitacional, é um afloramento granítico de rocha que disminuie as possibilidades de ocupaçón castrexa “ao uso”. Asemade, a base do outeiro, em plena altichaira, presenta sinais de ocupaçón, que se extende sem soluçón de continuidade cara á cima. Tendo em conta o anterior, pode-se estár ante um tipo de transiçón, que evoluciona desde os modelos de assentamento pretéritos (Calcolíticos, primeiras etapas da Idade do Bronce) cara a unha nova formulaçón que anúncia os patróns de assentamento da Idade de Ferro, mas sem amosar unha caracterizaçón evidente desas dúas direcçóns.” Para a segunda ocupaçón descripta contan-se cunha série de indícios que poden esclarecer o modelo de assentamento. Por unha banda, conta-se cos materiais localizados: cerámicas romanas, medievais, ara anepígrafe com focus. Por outro o próprio topónimo, Coto do Santo, e por último o passo da denominada “Verea Velha”, caminho de orixem antiga, que possívelmente se dirixisse á Franqueira. Desde o ponto de vista arqueolóxico, a abertura da pista que ascende á cima do coto destruíu os restos dunha edificaçón possíbelmente unha hermida, onde foi localizado o fragmento de ara, que se situaría na parte correspondente ao concelho de Mondariz, no ponto onde a pista acada a súa cota máxima e começa a baixar na direcçón norte. A conxunçón dos elementos expostos indicarían a presença dum possível santuário, quizais de orixém prérromana ou bem um lugar sagrado, num itenerário de peregrinaçón cara á Franqueira, tamém de orixém perdida no tempo.
Publicado en Uncategorized


