AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (31)

.

               O meu Mestre, Prisón.  O día 29 de Xulho dixeron-me que o meu Mestre (Fadista) tinha batido no Calvete, e o 3 de Agosto foi preso o dito suxeito.  O día 14 de Agosto polas 11 ou 12 da noite, cantava a interxeiçón da páxina 11, e assaltou-me um sono mortal, vem o Gomez chamar por mim ás seis da manhán, para trabalhar na Encostada e polas 11 do meio día ensordecín, encontrando-me indiferente e sendo molestado polo Spírito…  tendo sonhos que non me acordaban ó despertar, vários eran com o Cura Val.  Manuel Guillade, sem medo.  O 20 de Agosto de 1911, polas sete, fún à novena a Oliveira (capela) e vinhem polas Chans de Oliveira caminho de Mourigade, a ver se encontrava o Senhor Val, non o encontrei, pois naquel carreiro que vai prá Igrexa, e que está xunto das veigas, quedei alí até ás 11 da noite, iba unha escuridade medonha, e despois vinhem polo meio do Ádro, demorando um pouco nel e cheguei à casa ás 12,35, sem o menor temor.  Calviño em Xuízo.  O día 28 de Agosto de 1911 (Segunda Feira), celebrou-se o xuízo de faltas contra mím e mater mea (impostor)… testemunhas falsas:  1ª Maria Rey, e a sua filha Aurora.  2ª Serafina Argüellez.  3ª José Rey.  4ª José Dominguez Rivero.  Estes son os réus: 1º Maria Rodriguez Penabella.  2º Manuel Calviño.  3º Isabel Calviño.  Confisón, a primeira testemunha dixo: quando cheguei, vin esta mulher estendida no chan gritando, e el e a sua nái com um pau gordo e comprido batendo quanto mais podian, polas costas, mans e pés, quadrís, etc…, ó chegar eu, dixo a nái pro filho, deixa-a, deixa-a, que pra sí xa leva.  ¿Tinha sangre? – Non Senhor.  ¿Por onde eran as pancadas? – Por todos os lados, mas principalmente polo brazo esquerdo, polas costelas, e polas partes, que estava toda unha calamidade –  ¿E a sua filha? – A minha filha non puido vir que está mala, pois o que digo eu, é o que dí ela –  Está V. despachada.   2ª Testemunha:  Eu cheguei das Carballas de ganhar o meu xornal, e sentindo gritar, vin a Penabella caída no chan e o Senhor Calviño dando-lhe com um pau, logo ouvin decir que a sua nái tamém lhe tinha batido, e nom vín mais nada.  Está despachada.   3ª Testemunha:  Eu tán pronto a Penabella gritou, vin-na estar sentada ela só gritando, despois, sí que vinheron unhas duas mulheres e a levaron, mais nada.  Está despachada.   4ª Testemunha:  Eu só sentin do meu balcon estar a nái do Calviño a decir da xanela, vaite com todos os demónios, que senon levas unha carga de pedras, logo sentín o Calviño da xanela decindo, espere ahí, que xá a fodo, e nada mais.   Está despachada.   Agredida (por impostura), está Vostede conforme com 15 pesetas de indeminizaçón, e as costas do xuízo, de que acusa o Senhor Fiscal – Sí  Senhor!  Réu  – Non Senhor!  Non tenho por que pagar, pois eu non batín a ninguém, todas as testemunhas son falsas, para facerme pagar unha cousa inxusta.  Xustiza ás testemunhas:  están Vostedes despachados!  E Vostede venha dentro de dous días, para ver a sentênça que lhe sái, e se desexar pode apelar.  –  Sí Senhor, que se faga Xustiza nos Xulgados e arriba.   O día 30 fún ver a sentença, que era a mesma xá referida, o Secretário (Manuel Alonso), prometeu vir embargar, e ainda non chegou até hoxe.     

manuel calviño souto

Deixar un comentario