AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (29)
.
O día 20, tiven um sonho muito malo, e o Spírito fixo-me gritar alto, e non decia senón: Ah! Xesus; parecia que me obrigaba a gritar así, sem eu querer. O 21, tiven mil sonhos malos, pola manhán colhin a escopeta e fún à caza, ó chegar à casa, polas 8,30 unha visón. Sonhei que estaba na xanela e era de noite, via tudo escuro e estaba blasfemando contra Deus, e contra Cristo. Ó despertar, molestou-me o Spírito malo. Pola unha da noite, voltou a molestar-me fortemente, impedindo-me o sono, pelo que me levantei ás 6,20 da manhán, todo despavorido e molestado. O día 21 de Xulho de 1911, hora das 12 do meio día, tiven outra Visón. Sonhei que estaba eu num sucalco e estaban dous rapazes labrando nel (Motre e o seu cunhado), despois foron-se, eu também, e ós poucos momentos encontrei-me nunha casa: decia eu, é a casa da minha amada, porque eu estava com desexos de a ver, falaba unha mulher comigo que non conhecín, a mulher marchou chamando por mim, avistamos ó lonxe unha casa caleada, alta, e a ela nos diriximos, ó sair pola porta, entón, conhecín unha mulher (a do Manuel da Renga), e fomos por vários carreiros e regatos até à dita morada, ó entrar, no quinteiro, avistei variada xente, e vendo o ente querido dixen – Ah… é a casa da minha amada…ó momento desperto, e estaba sobre mim o Spírito. Outro día sonhei que andaba por vários montes e ó chegar à casa, vin a minha querida avó com unha gravíssima enfermedade (q.e.p.d.), sentindo eu as queixas e os lamentos dela em chorosa voz, o sonho levou muitas voltas que xa non recordo. O meu ente querido, o 16 de Xulho de 1911, tinha ido à festa de Uma, e sem saber quem era, pois xulgava ser outra, chamei-a a bailar, e logo vexo que era o meu ente querido (Pra), ó vir prá casa, por acaso, vem comigo e com outras raparigas, mas votou-me a mim um cântico, que me esqueceu, mas queria decir que fún o primeiro que aspirei ó seu amor, demorei um pouco no seu portal, dando-me palabra para o Domingo seguinte no rosário, e xa non a vin, porque non foi.
manuel calviño souto
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.