EM NOME DE GUILLADE (XXIX)

HISTÓRIA
Como em todo o val do río Tea e em xeral na comarca do Condado, este concelho é rico em xacimentos arqueolóxicos que abranxem desde o paleolítico até à época visigótica. o que demonstra a súa ocupaçón desde etapas prehistóricas. Diversos úteis e enterramentos som algunhas das pegadas que representan os períodos iniciais dos poboadores mais antigos, mas foi a cultura castrexa a que deixou maior marca no território, com numerosos restos de edificaçóns e outros vestíxios. Posteriormente produciu-se a invasón romana, que se manifesta na transformaçón destes assentamentos, e há notícias da fundaçón da vila de Angoares, situada no mesmo lugar que ocupa na actualidade a igrexa parroquial. Este concelho formava parte da comarca medieval denominada Toroño ou Toronio, que, segundo a Chrónica de Hidácio, foi arrasada polos vándalos no ano 445, que destruiron tamém a vila romana, sobre a que se levantou unha edificaçón relixiosa e, posteriormente, o templo actual, dependente da Igrexa compostelá, trás a doaçón do rei Adfonsus III, em 893. Durante o período medieval, a maior parte do território concelhil estava baixo o domínio dos senhores do castelo do Sobroso (os Sarmentos e os Soutomaior), que está situado no monte Landín. Non se conhece a orixem da devandita edificaçón, malía que se supón que no seu lugar houbo um castro ou unha antiga fortaleza e que o seu nome fai referência ás sobreiras que existian naquela zona. Sábe-se da súa existência certa em 1117, quando a rainha Dona Urraca foi assediada alí polos partidários do seu filho Adfonsus VII e conseguiu fuxir para Santiago de Compostela em busca da axuda do bispo Xelmírez. Durante esta época foi um dos castelos mais importantes do bispado de Tui; pertenceu à coroa, que o empregou como fortificaçón defensiva, e no século XIII foi cedido à família Soberoso ou Sobroso. Em 1379, Xoán I concedeu-lho a Pedro Ruíz Sarmento, senhor de Ribadávia e adiantado maior da Galiza. Na segunda metade do século XV foi escenário das loitas entre as linháxes dos Sarmento e dos Soutomaior (donos do couto dos Canedos, actual parróquia de Pontareas, e do de Sobroso) e da revolta Irmandiña (1467-68), polo que foi derrubada unha boa parte da edificaçón. O castelo foi reconstruído por Pedro Álvarez de Soutomaior, mais conhecido como Pedro Madruga, e rematadas as obras anos despois por García Sarmento. No transcurso da época moderna perdeu a súa importância militar e, desde o século XVIII, quedou abandonado. Em 1923 passou a mans de Alejo Carrera Muñoz, artífice da “reconstruçón”, e em 1981 adquiriu-no o concelho pontareán, o seu actual propietário.
alberte reboreda carreira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.