Arquivos diarios: 25/01/2018

AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (21)

CONVENTOCINCOIMG_1765

                O día 23 de Abril de 1907 comecei a serrar com um suxeito (M. da Val). O día 5, 8, de Maio fún molestado polo Spírito.  O día 9 fún á festa a Mouriscados, as minhas carnes saltaban, facendo um prunido entre a carne e a pel dando saltos, nestes días o Spírito, tanto me mollestou que quase me facía vomitar.  Houbera ido trabalhar para celeiros de carpinteiro, facer um louceiro, mas o Spírito inmundo tanto me molestou que me puxo tonto e xá non dei guía com o louceiro.  O 13 de Maio fún buscar a ferramenta e polo caminho a escaralhei, excepto a machada e o serrón.  O 20 de Maio fún á Franqueira…  O 21 ás 12,30 despois de transcurrida unha hora, levantou-se-me unha dor de cabeza, sendo molestado polo Spírito até que é alba do día, a dor de cabeza aumentou pola manhán. Levantei-me com a devandita dor e atáques, como que queria vomitar.  O día 24 de Maio edifiquei um altar a Xeová, duas quartas de largo por duas de alto.  O día 25, 26, 27 de Xunho de 1907.  O 23 tinha andado todo o día a fazer as entradas do San Xoán no Crasto.   Mistério do Cura.  O día 5 de Agosto de 1907, pola hora das 7.35 da manhán saín da casa, e fún dereito á Igrexa de Guillade, passei polo meio do adro caminho de Mourigade, encontrando o Cura D. Juan Vilar Val, e tivemos unha conversa algo larga, polas 10 da noite quando vinhem de volta, passei outra vez polo adro, dando-lhe 100 centâvos de peseta ó dito Cura pra que me sana-se, etc…  Cheguei á casa, com a noite horrível e escura, caíndo algunhas chuviscas.  A minha tía estava dormida e a minha nái fora á Cañiza.  Ó chegar perto da casa, apurei para non me molhar polas sacudidas do vento.  O 11 de Agosto de 1907 habia festa em Guillade, e pegou-me unha rábia iníqua contra um suxeito (Fernandes) e ós poucos momentos, por me ameazar com unha navalha, atirei-lhe unha pedra, que lhe deu gravemente na testa, eu xa lhe tinha algunha mania dántes.  O 13 pola manhán, a minha nái berregou comigo, eu estava indignado com ela, e deu-me duas pesetas para que fosse a Ponte, para traer pán e peixe, eu fún a Ponte, sim me fixar nas ditas pesetas, e quando vou pagar, repugnan-mas por falsas.  Estaba alí unha nena xá com um pouco de conversa, ela e a padeira, e comezarón a falar de mais em mais, até que me dixo, que non voltara mais á casa e fora c’o ela, eu non quixem, por vía da minha nái, e prestou-me as duas pesetas, com a condiçón de se queria…  pois non lhe quixem as duas pesetas, e vinhem p’ra Guillade sem as compras.  Quedamos de falar para os Remédios em Ponte a 8 de Septembro de 1907, e non a vím mais até hoxe.  Mais tarde, sentín unha voz na consciência que me decía – Ah!  Son Maluco!   

manuel calviño souto