Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Arquivos diarios: 13/01/2018
AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (17)
Mala Sorte as Tamancas. O día 15 de Xaneiro de 1906 (Segunda feira) um día todo nevoado e frío, tivem sonhos malos, que esquecin. Despois a minha nái fora ó monte vender uns pinheiros e eu puxem-me a descravar unhas tamancas e embrochá-las noutros paus novos. Despois chegou um suxeito e tanto fixo que me levou á festa, tendo que ir com as referidas tamancas. O día 18 de de Xaneiro de 1906 fixen unha cadeira. O 20 principiou a doer-me a cabeza, os dentes, a barriga e os sonhos malos seguem anunciando, pérdidas, desgraças, etc… O muinho, pragas. O día 26 de Xaneiro de 1906, a minha nái fora ó muinho e chegou decindo que a minha madrinha estava falando que eu batia nela; seguido começa a votar pragas por vía do aro de um caldeiro, que levara eu unhas semanas antes, e para que calara, foi preciso ir xunto dela e meter-lhe medo, calou, mas na cara parecia unha calavera. O día 14 de Agosto de 1906, todo o día estivem deitado na cama, e estava tan pessado que non podia mover-me, polas 12,30 da noite fún molestado polo Spírito infernal, sucedeu da maneira seguinte: estando eu deitado na cama com a barriga para o céu, e chegando o Spírito, deitou-se sobre mim, tanto me zambulhiu nas partes ocultas, votando-me man ó que é escusado decir, facendo-me correr o leite dos amores, despois descansei em Paz até de manhán. Mas levantei-me pesado e apaixonado (por mulheres) que non podia deter o vício. Sería pola astúcia do demónio, que pola noite do día 12, tinha dor de cabeza, o 21 de Agosto de 1906 ás dez.
Publicado en Uncategorized
