Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Os nosos blogs
AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (16)
Luz das luces. O dia 24 de Decembro de 1905 polas sete da tarde, presentou-se-me unha pessoa para que lhe fixera unha carta, acabei-a de escribir, e ainda non tinha saído a luz das luces, rosa resplandecente que alegra os viventes deste Universo mundo, saca-nos das trevas, consola os aflixidos, quenta os fríos. Despois, tocaron as campanas anunciando a Santa Misa do dia 24 de Decembro, mas para mim tán despavorido e tán tríste que nin a noite mais horrorosa e escura. Confusion de temor; pois segundo o Horoscopo ou signo, dí que son da natureza de Xúpiter, e sendo Xúpiter um Deus muito bom para todo vivente e cousas inanimadas, inflúie nos da sua natureza, homes, relixiosos, etc… Non sei o motivo, mas o meu corpo moveu-se a practicar actos de impureza. Um atentado revolver. O día 26 de Decembro de 1905 vem Carracedo xunto de mim, e levou-me por Celeiros para cobrar algum dinheiro que tinhamos ganhado a cortar pinheiros. Vinhemos por Oliveira e enrredá-mos, eran as seis da tarde, quando saímos eu e el da casa de Ramón; e vinhem só para Guillade, mas ó chegar é sítio que chamam As Bandeiras, sentín um individuo atrás de mim facendo tropel, eu com força de fuxir, introduzim-me nunhas poucas silvas onde el passou de largo, e non me viu, começou entón a disparar tiros, quase diante donde eu estava, eu recuei para trás, dei a volta pola Capela e deparo com o suxeito, mas el non me via, eu escondido, roguei à virxem e a Deus, e a Santo António que me axudasen a librar disto. Sonho malo. O día seis de Xaneiro de 1906, estivem na casa por non ter roupa, o oito de Xaneiro de 1906 tinha tido um sonho malo, e levantei-me polas nove. O día 11 de Xaneiro de 1906 levantei-me pola manhán, e á tarde fún a Matamá, ó vir de volta partiu-se-me unha tamanca polo meio. Á noite presentou-se-me Miguel das Carbalhas, que fosse com el ó Serán, pois tanto como porfiou, mas foi para mim impossíbel por via de non ter calzado; xelase-me o sangue nas veias se vou contar os acontecimentos fatais que para mim corren a cada passo.
manuel calviño souto
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.
