Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
EM NOME DE GUILLADE (XXVI)
Pola súa altitude, unha elevaçón media sobre o nível do mar inferior ós duzentos metros na maior parte do seu território, e pola súa posiçón xeográfica, próxima ó océano Atlântico, encádrase dentro do dominio climático que se pode considerar mediterrâneo húmido, oceânico com trazos mediterrâneos ou subtropical húmido. Caracteríza-se polas temperaturas suaves no inverno e cálidas no verán, com abundantes precipitaçóns debido à influência oceânica. O mes máis frío corresponde-se com Xaneiro, com 8,5ºC de media, mentres que em Xulho se rexistran as cotas máximas, com arredor de 21,5ºC. A amplitude térmica é duns 13ºC, polo que xa indica certas características que se correspondem com o continental ou com o mediterrâneo com respeito a unha suavidade climática oceânica pura. Os valores estivais som superiores ós atlânticos e as temperaturas invernais descendem dos 10ºC en Decembro (8,5ºC), Xaneiro (8,5ºC) e Febreiro (9ºC), o que condiciona o desenvolvimento do ciclo biolóxico dos seres vivos. Ademais, possúe um total de seis meses con valores inferiores ós 10ºC, rexistrándo-se ás vezes 0ºC, con riscos de xeadas. A semelhanza cos climas de tendência mediterrânea deixa-se sentir sobre tudo nas médias máximas, pois superan-se os 25ºC em Xulho, Agosto e Sptembro. As precipitaçóns anuais exceden os 1.500 milímetros, mas arredor das três quartas partes rexístran-se em seis meses, de aí o seu carácter irregular; Xaneiro, Febreiro e Marzo tenhem chúvias em mais da metade dos seus días, mentres que Xunho, Xulho, Agosto e Septembro som os máis secos, c’um acusado déficit hídrico.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.
