
Serán de Lira. O día 13 de Novembro de 1904 fún a Oliveira a unha festa de pandeiros que facia a família do Sr. Pintos (que neste tempo era Cura de Oliveira) eu e Avelino passamos um rato alegre, despois fomos ó Madrileno pedir para cortar pinheiros, onde o Spírito malo me veio inquietar, no día a seguir fomos roubar mazáns e despois alá nos fomos ó Serán de Lira; o 23 polas nove fomos tronzar pinheiros e logo fomos ó devandito Serán; o 24 fomos ó Serán de Celeiros, ó vir pola casa arriba da Capela, vin sair dum pinheiro tantos corvos que parecia que todo o pinheiro se desfacia em corvos, croando e desaparecendo a unha distância de 3 ou 4 metros, o ruido que facian era idéntico. Música Academia. O 25 DE Novembro de 1904 comecei a estudar música em Celeiros; o día 3 de Decembro, fixem inxuriar a minha tía, e despois em companhia de Carracedo fún ó Serán de Celeiros, a minha tía tinha-me botado pragas, chegando ó Serán, um filho da puta de Arcos revolucionou-se conmigo, despois levantando-se todos em revoluçión, eu escapei sem novidade. Chegando á casa xá estaban as raparigas tocando a pandeireta, serian as dez ou once da noite. Mama em Vigo. O día quatro de Decembro de 1094 polas seis e trinta e cinco da manhán levantou-se a minha nái e a minha tía (Maria) e se foron assanhadas a Vigo. O día 8 choveu assombrossamente, nessa noite passei-a toda na cozinha, até ás 3,40 quando quedei dormido sobre um banco, e entón vem o Spírito malo inquietarme, o oito fún á Procesión a Cumiar com unha roupa velha; e o dez recibim do Senhor Carraceda vinte reais polos pinheiros cortados e alá vem o Spírito malo inquietarme. As duas festas. Dor de cabeza. O día oito de Xaneiro de 1905 habia festa em Oliveira, Capela, pola ter gobernado, em Guillade de arriba gaiteiro, em Guillade de baixo música. Nesse polas 2,50 assaltou-me unha grande dor de muelas, e non fún a ningunha festa, e toda a noite desse día estiben na cama dando voltas, com áis e suspiros, de maneira que o dia seguinte atacába-me o sono, o día nove fún ó Cirurjáno (rula) para arrancar a dita moela, pois á maneira que me íba aproximando á casa, a dor iba passando, ó bater a primeira pancada no portal, desapareceu a dor por completo, parecia cousa diabólica; pois ó arrancá-la, partiu polo meio e quedou a metade dentro da boca e a úlcera tamém.
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized