Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Arquivos diarios: 07/12/2017
AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (4)
Pragas. O dia dous de Decembro de 1903 saín a botar a toura, e pola traer algo cedo para a casa, porque estava frío, a minha nái começou a berregar comigo e a botar pragas decindo: malos caminhos tu leves, malas desgrácias eu vexa em tí, malas balas te taladrem, etc… O dia vintinove de Maio de 1904 fun a Trancoso e dixerom-me vários rapazes que era cedo para a temporada, que non habia Senhores. O día seis de Abril de 1904 (quarta feira) quatro días antes da festa das Angustias, vem o Queimadelos de Ponte, ordenan-me para seguir com a escola por conta da rexente quatro meses, fixome ir sete veces a cobrar e non cobrei nada, e só por manha lhe agarrei vinte reais, e despois deixeia até hoxe. O quince de Xaneiro deste mesmo ano fun á festa a Sto. Amaro de Cumiar, e deixeime estár até ás dez da noite. A xente de Guillade tinha marchado toda, non habia lua e facia um escuro horrível e chuviscava e quando vinha perdin-me no caminho, indo cair em regatos, atravessando cabadas, valados, etc… Quando me dem conta onde estava aparecin na Rega-da-xeiras, sem saber por onde vinhera. O oito de Abril de 1904 fún ó Serán-nocturno de Guillade d’arriba bailando muito com unha discípula (Maria Rosa da Lomba) e o dezanove do dito mes encontrei-me com um catarro, dor de cabeza, fríos, temblor no corpo, que me durou por nove días.
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized

