A LENDA DA GALIÑA DOS PITOS DE OURO

.

Na croa de Lañas

aparece, na madrugada,

unha galiña coa súa rolada de pitos.

Pitos de ouro que non deixan rastro,

que ninguén puido coller.

Disque é un Encanto, unha doncela

que antes da mencida

sai a peinarse os cabelos roxos

cun peite de ouro.

 

Tamén ninguén pode coller

un sol que de súpeto

irrompe pola eira

logo dunha enlutada e bretemosa vella

como a bretemosa mañá

abrir o galiñeiro

da galiña dos pitos dourados.

 

francisco candeira

Deixar un comentario