Arquivos diarios: 02/07/2017

AZORÍN DEPUTADO CUNERO POR PONTEAREAS (1914-1916)

.

               José Augusto Trinidad Martínez Ruiz (Monóvar 1873 – Madrid 1967).  Nos pauta unha complexa experiencia intelectual, de narrador, de xornalista e de vocación política. Azorín esgrime a relación do transo entre o suxeito e o medo.  Móstranos a súa opinión persoal sobre o conflito entre a tradición e a modernidade; diferenciando o traballo industrial urbano e o traballo artesanal dos pobos.  Azorín parte dos ecos nietzscheanos de “El eterno Retorno”, coa máxima de que en toda a obra impresa “Vivir es volver a ver”.  En 1904 escribiu a súa obra de “Un pequeño filósofo”.  Comeza “Yo no sé escribir”, pero describe como ninguén a vida cotiá do home.  Unha especie de espírito da manifestación precisa na súa linguaxe e cunha personalidade literaria forte.  Azorín  é un lírico observador da vida cotiá, das “Vidas opacas”, o sentido recreador e amante dos pequenos obxectos que embelecen a existencia e unha constante precisa do “eu”, Ortega e Gasset define a “La escritura es el ademán con que lo más íntimo de nuestra persona responde a lo circundante”,  Azorín escritor da realidade aprenderá de Nietzsche: que a impersonalidade non ten valor, nin na terra e nin no ceo.  As ideas non han de quedar nun ámbito abstracto.  A apreciación sutil de Pío Baroja cando di: “Se habla de Azorín que tiene fama de tortuoso e es un espíritu rectilíneo”.  Desde mediado do século XIX era practicamente parello en todos os países europeos.  O ano divídese en dúas tempadas:  a de inverno-primavera na cidade; e a de verán-outono no campo.  Na maioría dos casos  non se posuía unha vivenda no campo, de modo que se alugaba para a tempada, ou ben se instalaran en hoteis. A calidade de vida é máis saudable nos Balnearios e máis lúdicos nos Grandes Hoteis, ambos constitúense en auténticos focos da vida social.  Ao redor dos cales celébranse as reunións políticas, sociais e culturais.  No verán de 1905 Azorín atopase na cume como xornalista do diario madrileño ABC.  Será a única vez que o escritor transitou por Ponteareas co motivo da reportaxe  “Verano sentimental”, que realizou sobre os balnearios do norte de España.  Viaxa ao Balneario de Mondariz.  Así no ABC, 4-9-1905, escribe Azorín un artigo titulado “MONDARIZ”.  “El viaje, Mondariz se halla en el fin del mundo: NON PLUS ULTRA”, onde describe “que el tren en que yo he viajado, es un modesto tren mixto” resultoulle moi incómodo ata “llegar a la estación de Salvatierra a las siete de la mañana. El paisaje maravilloso”.  O desprazamento “Salvatierra a Mondariz son tres horas” farao nunha carruaxe de cabalos “Las carreteras de Galicia vemos que no son las soberbias vascas; hondos baches, alterones y cavidades nos hablan elocuentemente del centralismo administrativo”.  Durante dúas horas, “hasta divisar las primeras casas del poblado de Puenteareas”  Atravesa o poboado de Ponteareas moi rápido de sur a norte, entrando polo barrio da Castiñeira, ao Cantón de Boavista, ata rúa dos Ferreiros, vira a rúa Real e volve a virar para subir polo barrio Bos Aires, e baixa ata Queidores.  De aquí dirección a Mondariz tardase unha hora máis.  Azorín non sinte curiosidade pola Vila de Ponteareas: a Escola da Graduada, o Concello do trinque, a Igrexa nova, as casas peculiares de estilo modernista, entre outras: Casa de Castro-Sarmiento, Casa Puga-Sarmiento, Casa Ojea-Ferro, Casa Paramés, Salón-Teatro Domínguez, as prazas e plazuelas.  Tamén non di nada da nosa industria de os serrádeos de madeira, a fábrica da luz, as fábricas de curtidos, entre outros.  Na España do século XIX as eleccións non significaban democracia.  Así para Galicia, aclárao, Miguel-Anxo Murado ao indicar, “O voto non vai servir máis que para poñer o pé no edificio dunha institución antidemocrática”.  Engade “O caciquismo como sistema político funcionaba como un reloxo. O caciquismo para un político liberal, como Castelar, tratábase dunha herdanza patrimonial do Antigo Réxime.  Cando en realidade era unha institución nova nada da modernidade, co caciquismo os liberais conseguiran o que non lograran todos os réximes anteriores, integrar a Galicia no sistema político español, aínda que fose a través deses intermediarios fraudulentos, os caciques”.  Non houbo ningún goberno do século XIX e principios do XX, que non contasen con ministros galegos.  Curiosamente reservábanse as carteiras de Xustiza e Facenda.  De aí o devandito: “Galicia non dá máis que augadoiros ou ministros”.  O curioso é que os deputados que representan aos caciques non eran todos galegos, había os que chamaban entón candidatos “cuneros” (Durante a Restauración foron unha lexíon os “cuneros”, a súa proclamación sen elección, aos candidatos ou deputados do Congreso, estraños ao distrito e patrocinados polo Goberno).  José Martínez Ruiz ao introducirse, aos chicos, na política española conservadora, entre 1907 e 1919, sae elixido deputado en cinco ocasiones diferentes, todas elas polo partido conservador.  Desde entón Azorín pasou a levar unha vida tranquila e sosegada como escritor sereno, preciso e metódico.  Ao seu coñecemento de Galicia polas súas viaxes en 1905 e 1909, e compleméntase co coñecemento da poesía rosaliana.  O artigo publicado “Rosalía precursora” de 1913, onde analiza a relación da autora coa súa propia realidade histórica e cultural.  Ademais  é amigo persoal de Murguía, e Enrique Peinador.  A todo isto, en 1914 sae nomeado como deputado cunero por Ponteareas, nunha lista controlada polos Bugallal, os caciques locais.  Na páxina Web del WWW. congresso. es/. Congreso de los diputados-históricos 1810-1977.  Descrición da ficha de: Diputado: José Martínez Ruíz. Elecciones: 47. Elecciones 8.3.1914. Legislatura: 1914.1915.1916. Circunscripción: Pontevedra. Distrito: Puenteareas. Nº Credencial: 52  Fecha de Alta: 04.03.1914.  Fecha de Baja: 16.03.1916. Fecha de Jura/Promete: 28.04.14.  Fracción Política: Conservador.  Profesión: Literato-Escritor.  DATOS BIOGRÁFICOS.  Fecha y lugar de Nacimiento: 1873 en Monóvar (Alicante).  Fecha e lugar Fallecimiento: 1967 en Madrid.  Biografía: Ministro de Instrucción Pública y Bellas Artes.  Interino durante la ausencia del titular 15/02/1918 (BOE.  16/02/1918) a 20/02/1918  (BOE. 21/02/1918).  Observaciones: Proclamado Diputado electo por la Junta Provincial con arreglo al artículo 29 de la Ley Electoral (Proclamación sin Elección) Fecha de Alta la del sello de Registro de Entrada.  Para Azorín, “A política é a arte da conxuntura”.  A acta de deputado por Ponteareas, xunto ao rio Tea e próximo ao Balneario de Mondariz, non significaba tanto un escaño no Congreso en 1914.  Lembraría, talvez, as súas viaxes a Galicia en 1905 o de 1909.  A atracción daqueles relatos en longos faladoiros de Echegaray, Pardo Bazán e Don Emilio Castelar, asiduos tomadores das augas de Mondariz.  No xornal local El Tea, 06-03-1914.  O político local “Agrarista e Republicano”  Don Amado Garra Castellanzuelos remite unha carta enviada ao Director e será publicada no xornal El Tea.  Nela ironiza sobre o paradoxo, de que sendo de Ponteareas un lugar de gran tradición católica trouxésese un representante para as cortes, que sentaba a praza de ateo, tiña un pasado anarquista, e a súa falta de vinculacíón  con Ponteareas como deputado proclamado, non o coñecen a D. José Martínez Ruíz en Ponteareas, nin sequera polas súas notables obras, porque aquí ninguén  se toma o traballo de ler, pero, en cambio tampouco Martínez Ruíz coñece Ponteareas e aos seus homes, e váiase uno polo outro.  Dicimos mal, a un coñece polo menos, ao actual de Ministro de Facenda.  Curioso é que Amado Garra descoñece, ou non lese no seu día, o xornal ABC, 4 e 5-9-1905, o escrito por Azorín sobre o Partido Xudicial de Ponteareas, e así como “o seu rápido paso polo pobo”.  José Augusto Trinidad Martínez Ruíz, desde 1905 substituíra o seu nome civil, e todos os pseudónimos de mocidade, polo breve e eufónico pseudónimo de “Azorín”.  A súa dilatada vida explica a evolución desde o anarquismo radical e nihilismo existencialista que afundía as raíces en Nietzsche e Schopenhauer, ata as posturas máis conservadoras que foi experimentando na súa ideoloxía patente nos seus escritos literarios e xornalísticos dos seus últimos anos.  Os milleiros de pequenos textos que escribiu, sobre todos os temas imaxinables -política, viaxes, actualidades, sociais, deportes, teatro, cinema, ciencia, historia, folclore-, forman parte dunha boa literatura pola calidade de estilo e a astucia do enfoque.  Desenvolve unha gran actividade como xornalista, crítico teatral, escritor de ensaios e novelas.  Está presente nos sentimentos da creación literaria e da atención á realidade cotiá.  Saberá describir con sutileza a paisaxe e as vidas anónimas das persoas.  Evita o central e derívase ao accesorio, talvez: “Ninguén é máis realista que un idealista”.  Ortega e Gasset cualificou a súa escritura no ensaio “Primores de lo vulgar” de 1916, que dedicou a Azorín, afirma:  “El arte azoriano, ha hecho de las menudencias, minucias, inanidades e insignificancias, que gracias a la pulcritud del estilo, la sutileza de la observación y la audacia de la estructura se vuelven objectos merecedores de reverencia y cariño”.  Vargas Llosa considera a Azorín, como “El orfebre de nuestra Literatura por su prosa menuda y morosa”.  Unha prosa escrita como verso pero sen verbo.  O mundo é sinxelo e directo, e lábrao cada un deses homes que viven e extinguense sen decatarse da súa existencia nesta terra.  Azorín ensinounos a ler, a mirar o mundo, creou unha sensibilidade aos lectores e dotou de vitalidade a lingua falada para o seu tempo.  Talvez, “La relación entre el sujeto e el medio”, nas que se manifesta, “…la belleza, la imagen, es la moral suprema.  Las imágenes únicas de la realidade, que motivan sensaciones y crean la conciencia colectiva”, nace a revolución estética do século XX.  Desde 1900 a 1936 recoñécese como “A idade de prata do Xornalismo”, Azorín, Josep Pla, Camba, Valle-Inclán, Manuel Domínguez Benavides, Wenceslao Fernández Flores, entre outros.  Entre as súas columnas xornalísticas de opinión e analizando diversos aspectos cotiáns, as cartas publicadas nos medios de comunicación, todo é traballo literario.  El Azorín, novelista, xornalista e deputado en Cortes, asina un manifesto titulado “La Guerra Europea.  Palabra de algunos españoles”, en setembro de 1915, redactado pola masonería española “Gran Oriente Español”.  A única literatura que se preocupou por percorrer o noso país fixando a súa atención nos costumes e as paisaxes, foran os libros de viaxes da literatura estranxeira, en lingua francesa ou inglesa.  A Revolución de 1868 produce unha das reformas profundas e afastadas oitocentistas, que levará a distanciarse da España oficial cara a unha España auténtica.  Así Giner de los Rios e a Institución Libre de Ensino inicia o descubrimento da paisaxe como corpo  físico do país ou da patria.  Miguel de Unamuno convértese nun excursionista e viaxeiro destacado en España, como modo de facer da paisaxe unha xeografía viva e coñecer o país.  Agora pénsase que para estender a cultura hai que viaxar e a viaxe supón o contacto directo coa natureza e o patrimonio.  Francisco Giner de los Rios e a Xeración do 98 son o precedente da importancia á experiencia viaxeira.  Na obra de Azorín “Los Pueblos” publicada en 1905,  fai referencia á viaxe nunha serie de artigos xornalisticos publicados entre abril e novembro de 1904.  A I.L.E. dirixe todos os seus esforzos á raiz do problema. A educación entendida como modo de sair do cráter en que está sumida a poboación española.  Necesaria é a formación de homes, das persoas capaces de concibir un ideal, de gobernar con substancialidade a súa propia vida e de producila libremente.  A mellor escola para a Institución é o paseo, a excursión e a viaxe.  O individuo permanece en contacto coa Natureza, e esta é a mellor escola que cabe esperar.  Desde 1913 a data de 1898 está asociada a un suceso histórico, ao que se designa de maneira concisa e rotunda, como o “Desastre”:  A guerra contra Estados Unidos, a perda de Cuba, Filipinas, Porto Rico.  E o clamor por unha necesaria “Rexeneración” dun país abatido.  O ano 1898 está asociado a un grupo de escritores ao que, con préstamo terminolóxico das ciencias históricas e sociais, denominouse co nome á “Xeración do 98” e cuxa nómina, na fracción dos artigos de 1913 escribe Azorín:  “Hombres de la Generación de 1898 son Valle-Inclán, Unamuno, Benavente, Baroja, Bueno, Maeztu, e Rubén Darío”.  Na Xeración do 98 está sempre presente a diferenza dos grandes feitos son unha cousa e os miúdos son outra.  Analizanse os primeiros, desdeñanse os segundos que forman parte dunha sutil trama da vida cotiá.  En 1916 Ortega e Gasset no seu ensaio “Primores do vulgar”, o filósofo amosa un Azorín como “un eloxio da honestidade, da intelixencia, da exactitude asociada ao minúsculo e do intrascendente”.  No seu ensaio “El paisaje de España visto por los españoles” de 1917, dedícalle un capítulo á súa apreciada Galicia.  Azorín o incansable viaxeiro por España, empápase de lírica rosaliana, a vida cotiá e o ambiente da paisaxe de Galicia, moi poucos escritores reflectisen con tanta fidelidade un determinado medio.  Unha Rosalía de obra fina, sensitiva e dolorosa, percibindo os sentidos de vaguidade, de melancolía, de misterio, de sentido difuso da morte.  A obra de Valle-Inclán está condensada nesta frase rosaliana “Non se ve…”.  A empatía da Xeración do 98 é total coa obra de Rosalía, a escritora influente, pola súa forma de describir a paisaxe e a maneira de relatar a vida cotiá do pobo galego.  En 1922 nace “El Pen Club Español” fundado por Azorín e Ramón Gómez da Serna, e forma parte do Pen Club internacional, a única sociedade mundial de escritores creada en Londres 1921.  En 1924 é nomeado membro da Real Academia Española, co discurso de ingreso “Una hora de España. (1560-1590)”.  Algúns dos melhores intelectuais contemporáneos son profundos admiradores de Azorín.  Nalgún momento da súa produción bibliográfica escriben as súas ideas sobre o pensamento “Azoríniano” no seu conxunto para  compartilo ou debatelo.  Exemplos claros foron Echegaray, Pérez Galdós, Clarín, como representantes da xeración do 68,  Emilia Pardo Bazán,  Ramón Gómez da Serna, Valle-Inclán, Pío Baroja, Benavente, Maetzu, Blasco Ibáñez, Miguel de Unamuno, Rubén Darío com representantes da xeración  do 98,  Ortega e Gasset, Manuel Azaña,  Américo Castro, Niceto Alcalá Zamora da xeración de 1914.  Mesmo influíu na obra dos escritores en lingua española que foron os Premios Nobel de Literatura como.  Echegaray, Juan Ramón Jiménez, Vicente Alexandre, Gabriel García Márquez, Xullo Cortázar, Camilo José Cela,  Vargas Llosa,  e sen esquecer multitude de Premios Cervantes, entre outros os xa citados anteriormente.  Discursos e respostas na toma de posesión como académicos da RAE: Vargas Llosa, Camilo José Cela, Torrente Ballester.  Non será menos importante na RAG, nomeándoo Académico de Honra en 1967.  Os libros e diversos artigos que lle dedican os académicos galegos, como: Filgueira Valverde en 1967, Xesús Alonso Montero en 1985 e 2008; e, Francisco del Riego en 1967, Salvador de Lorenzana en 1967, entre outros.  Todos eles coinciden, en dicir que: “Azorín foi un dos primeiros escritores contemporáneos non galegos, que rehabilitaron a obra  pética de “Rosalía de Castro”.  Sexa preciso dicir: Azorín opta por describir as paisaxes galegas a través de Rosalía, de Pardo Bazán e de Valle-Inclán.  A súa relación con Galicia non se limita ás viaxes de 1905 a Mondariz e de 1909 á cidade da Coruña; e ao estudo da Literatura Galega, en particular de Rosalía lida na súa lingua nai. A súa capacidade de captar e interiorizar a imaxe lírica da paisaxe”.

.

antonio-josé groba diéguez

 

NA VEIGA

.

Na veiga

levanto un coco grande

e vexo debaixo os grilos

a ir e vir ledos.

¡E ouvo o seu cantar sen ouvir

e tanto peso non poder con tanto canto!

 

francisco candeira