Arquivos diarios: 16/06/2017

FALABAMOS EMOCIONADOS DE POESÍA

.

Falabamos emocionados de poesía

por non falar dolorosamente intensos

das amigas que non tivemos.

E entramos casuais

nunha Estazón de Trens

e unha muller embarcou

pra darnos conta que tiñamos

que calar.

Soubemos onde estabamos

porque esa muller decide partir.

Despois discutimos

sobre quen queda  e quen parte.

Acaso non nos quedamos nós no andén

ao mirar partir o tren:

acaso partimos nós nese tren

e acaso quedou no andén a muller

que partira.

Só o recordo ou o desexo o saben.

 

francisco candeira