“¿En qué mirada o sentes palpitar?
Na tarde voas, vibras sobre o Tejo.”
Xavier Rodríguez Baixeras
O Texo voa como unha gaivota,
dá a volta, voa como unha mirada;
por iso só a memória é retorta.
E o río sobreposto cal alma delgada
xace como nube azul sobre unha rúa de prata.
Máis tal vez non voa o Texo
porque é máis grande que ésta e aquela ourela.
E máis leve que o ar do ceo
mostra escondido, deitado, levemente
a inmensidade súa.
