ADAÍL DE GRACIAS E OBSCURIDADES
.
Adaíl de gracias e obscuridades
sucumbo
á memoria, á luz e ao misterio.
Unha estocada
no touro-diccionario (detido-case morto)
levanta unha estrela negra
de metal
e renazo con alborozo
para a festa
que confunde as cores.
Sería posíbel que a xuntanza
da xeometria – e a inherente proximidade-
me induciran
a olvidar todas as diversas cores
-ténues, leves porque recordadas á distancia
da visión-
non fose porque unha soa estrela
non pode reter entre as súas puntas
toda a diversa cor dun círculo
e o home selecciona -cousas, almas-
porque confunde ou olvida, ou algo lle foxe.
francisco candeira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.