A SEPARACIÓN – QUE BEN PODE SER PARTÍCULAS
.
A separación – que ben pode ser partículas
de pole dunha mesma flor –
deriva de visións dispares
ou descoñecidas entre si.
O punto de comunicación
depende da coincidencia de retencións.
A memoria pode ser insolidaria
e, logo, o diálogo imposíbel
ou estéril (a felicidade mentira,
a guerra adulterada).
E aínda sendo a memoria
compartida, pode suceder
a insatisfacción ou o matiz
diferente: insuficiencia
onde dous puxan por distintos
extremos dunha nube para desvelar
a luz do acibeche
ou o movemento infixável
dos átomos, punto
de discordia e relatividade,
cosido dos deuses,
olvido sabio dos homes,
imprevisibilidade suposta e sorprendente.
francisco candeira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.