HAI UN NENO QUE XOGA NUN XARDÍN NOCTURNO

.

Á noite os balouzos son brazos

e os escorregas pernas deslizantes

por onde o neno se fuga,

ese neno que respira como unha árbore

movente máis…

Ese neno fun eu porque nunca morrín

nun ar estranxeiro.

Ese neno nunca fun eu porque brilla

na mirada das estrelas

e no monear das flores.

Ese neno é como os outros nenos

porque sabe da alegría

e do bris

e nunca lembra chaves

e só recoñece a memoria

nunha moeda achada

nun xardín de xogos

na mendiga noite.

 

francisco candeira

 

Deixar un comentario