ONDINAS (HEINE)

.

Xa ouvistes as falas das mulleres

no mercado

e os berros dos homes nun xogo de balón

e o comentario dos rapaces

á saida do cine

mais ningún sonido hai máis fermoso

que as voces da xente na praia:

falan, gritan, xogan entre as ondas

e toda palabra semella moi lonxana

e allea a eles mesmos.

Como se un grito deviñera peixe

e che entrara polo ombro

che baixara ao brazo

deica á man

e se fugara

mar adiante

e só gañaras

un brillo

na gorxa e nos ollos

mentres mergullas

e despois pensas

que noutra praia

solitaria só quedara

un home

tendido, vencido, ferido,

coa súa armadura prateada

inmune á soidade

porque tres ou catro ondas

o socorren

e unha onda lle di ao oído á outra onda

(á que está máis cerca del, á que el máis quere).

dille que queres falar con el, dille.

 

francisco candeira

Deixar un comentario