NO MEU BARRIO HAI UN PASEO

.

moi importante, moi solitário,

e un edificio que están a derrubar.

No paseo nace unha herba

moi verde entre os paralelopípedos

de pedra e entre as pedriñas:

pasa moi pouquiña xente, case ninguén.

En frente, percorrido

polo silencio de gatos noctámbulos,

hai outro paseo

limitado por un gran muro branco

entre dúas antigas farolas de rúa.

Na parte superior deste muro, na terra,

nace e trepa unha enredadeira

que avanta cara abaixo e cara arriba,

enorme, a través dunha rede alta.

Esta trepadeira con flores violetas

entra polos meus soños adentro

levándome ás rexións da miña infancia,

cando eu xogaba cunha trepadeira.

Agora, á noite, trepa tamén a miña infancia.

 

francisco candeira

Deixar un comentario