CANDO CAI UNHA FOLLA

.

sobre outras follas caídas,

.num recinto asfaltado,

ou entre outras follas deitadas, irmáns,

xorde un silencio sublime, e un ermo.

Chega a folla ao pavimento

e, en silencio, descansa e morre.

Ou non morre, quizais non morre.

Quen morre, por un intre, é o ar.

A morte azul do ar sucede

mentres se desprende a folla e decide cair.

A morte azul do ar é un intre brevísimo,

é un paréntese de eternidade

(a folla imaxinariamente ábrese

en dous semi-ovoides

e cai no silencio).

E quen atinxiu o silencio

e a invisibilidade xa pode

adormecer sen dor,

como esta folla que cai ou caíu

ou como as outras follas xa caídas,

que aínda que mecidas polo vento

ou pisadas distraídamente por alguén,

xa non senten dor,

ou senten unicamente a dor

da súa unida e necesaria indiferencia.

 

FRANCISCO CANDEIRA

Deixar un comentario