A MORTE NON EXISTE.

.

A morte puidera non existir.

A morte existe porque existe

o Poder

o Diñeiro

o Sistema

a Economía

o Estado

o Capital

o Idioma

a Patria

a Escola

a Universidade

a Familia

a Historia

a Relixión

e outras cousas máis polo estilo

(e con esta enumerazón

non quero ofender a ninguén – !Coidado! !Quede claro!)

 

Mais a morte podia ser cousa distinta, podia non existir…

ou melhor: podía existir doutra maneira.

O morrer inesperado sería moi doloroso, non tráxico.

E quen vai morrendo preso ás mans dos amados – máis que vellísimo –

sentiría tristura e pena, e dolor pura, non dolor tráxica.

 

Mais a morte, se non existise, é un traspaso

dunha nube pequeniña a outra nube diminuta

que, entrechocando, acenden un sol humano (divino):

acéndese un sol visíbel (pequeniño e grande) e non se deixa

nada: vai crecendo a irmandade, a igualdade, a fraternidade

e a sabeduría.  Deixamos moito, todo: alegría.

Abandonamos a liberdade con pena (comprensón) – non con dolor.

A nosa desaparizón sería celebrada

no cume dun monte, vestidos os irmáns con togas frouxas, negras,

co rostro oculto (cuberto), e só se vería un círculo inmenso

de mans, entrelazados os dedos, baixo unha noite de luar intenso:

e as mans todas brillando como nunca.  E en silencio

unha coruxa de catro rostros diante.

E todos saberían que mañá danzarían xuntos,

traballando e rindo, batallando, baixo un sol bo e poderoso.

 

FRANCISCO CANDEIRA

Deixar un comentario