CANTIGA DA FRONTEIRA SEN TEMPO

.

Namorei amiga de alén do río

co ar que pasa cedo na barquiña do río

Namoreina, meu amigo

 

E ten ela peixes de auga leda no seo

no pelo longo como o río bágoas do ceo

Namoreina, meu amigo

 

E se a min chama, souril, de alén, do outro lado,

unha ponte de ar levanta, de ar moi calado

Namoreina, meu amigo.

 

Namoreina, meu amigo,

por non ir e vir, por non cansar, que me mata

por non caír no río

que soña o seu pelo de ouro e de prata.

 

francisco candeira

 

Deixar un comentario