VERDE GRANDE

.

– Verde grande

que te miro enteiro

cos ollos lentos do ceo azul

– E cos ollos transparentes

do amor solitario

– É certo, pro son home

– És home, pro esqueces

a intriga

– A intriga faime coma todos

e eu quéroos

– Pro fainos unha visita

de cando en vez, home

 

francisco candeira

 

Deixar un comentario