CASTIRO QUE ABANEAS

.

-Castiro que abaneas

pra ceibar unha folla,

ámame todo.

-Eu só miro cómo cae

-Pro sen algo quedas

-Non son miñas

e eu son do aire

– E da terra

– E da terra

pra que ti me vexas

firme.

 

francisco candeira

 

Deixar un comentario