-Quero devorar a paisaxe toda,
con Natura falar, chorar
a espremer ourizos
se son de idea,
e despois calar
e despois durmir con vós
-Sé bo, non custa nada
-Son bo, pro como sei
-Se bo, como queres
-Son bo, como podo
Sé bo, pensa e cala
e durme con nós, respira
coma nós, canda nós
que semellamos vida e durmimos.
FRANCISCO CANDEIRA
.
.
