XA SE MUDA A DEVESA
.
Xa se muda a devesa en brisa palpitante
alí onde os dedos piden clarexar
ángulos, sombras, nomes, fantasías.
Xa pousan o seu po de día rutineiro
nos poros anhelantes de luz íntima
porque os corpos reclaman o tremor
que pervive no tempo máis inmóbil.
Raudo medra o desexo e busca cego
en verde entraña branco sol de infancia.
Sobe un silencio ilícito ata os labios,
un fervor. Esta fronte xa non pensa:
só hai lampos acurtados polo olvido,
lampos e un canto breve coma a morte.
!Como cantan os grilos!
Brilla tamén a sombra. Pero escoita:
neste abandono limpo en que xacemos
quizais nos queden voces imprevistas:
paxaros azuis, chuvia, bosque antigo.
FRANCISCO XOSÉ CANDEIRA
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.