.
I
Tódalas palabras que solicitan ser ave teñen o meu amor:
só o silencio do voo pode falar da cobizada Eternidade
e penetrar no íntimo coma un libro ou unha mulher amada.
II
Abrirlle as portas ó sono coa chave chuventa do silencio
deixarse durmir coma un príncipe desleixado ou un aedo feliz
e soñar, cada noite que arde soñar un soño improbable.
III
Vivir e amar nunha casa de pedra, beirada de musgos e nogueiras
vivir así (recolleito): sen auto, sen televexo, sen canción urbana
e estar namorado do silencio, en homenaxe, ata o derradeiro intre
FRANCISCO XOSÉ CANDEIRA
